Socios

A Madeira

Acceso



ATACARMA botou a andar o 23 de Maio de 2009 logo de que un grupo de propietarios de talleres de Carpintería se prantexaran a necesidade de cooperar para así poder mellor defender os intereses do grupo. Entre estes intereses atopamos a colaboración entre os socios,  a consecución de condicións  especiais á hora de contratar diversos servizos e calqueira otro que aporte beneficios ó conxunto dos asociados.

Somos un colectivo, que se ben temos en común o feito de que a nosa actividade laboral é o desenvolvemento da nobre arte do traballo da madeira, cadanseu ten as súas particularidades. Estas van dende o traballo que poderíamos chamar artesanal ao uso de maquinaria de control numérico de última tecnoloxía.

O que comezóu sendo un grupo pequeno é hoxe unha asociación composta por máis de sesenta asociados dos Concellos de Arteixo, Cabana, Carballo, Carnota, Coristanco, Cee, Dumbría, Laracha, Malpica, Muxía, Ponteceso e Zas.